sábado, 16 de noviembre de 2013

1º A visita a Biblioteca

A clase de primeiro A visitou a biblioteca do centro con motivo da celebración do Día das Bibliotecas para coñecer como funciona unha biblioteca e como se clasifican os libros. Tamén viron distintos formatos de libros (en papel, libros electrónicos, de consulta ou de lectura de ocio…).





Coñeceron o seu novo amigo o cabaliño de mar e debuxaron todos á mascota para elaborar un mural que xa está exposto no corredor á beira da biblioteca.





Acompañoulles a profe Conchi que estivo explicando aos nenos cales eran aqueles libros que máis lles podían gustar e onde os podían atopar.


Resultou tan interesante que se animaron a poñerlle un nome á mascota.


No hay comentarios:

Publicar un comentario