lunes, 2 de diciembre de 2013

IGUAIS, NIN MÁIS NIN MENOS!!!!!

O día 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de xénero. No centro elaboramos lemas que colgamos en carteis, deixamos a nosa pegada nunha man, a que di STOP Á VIOLENCIA e recollemos en "post-its", nun lazo de cor violeta, mensaxes contrarias á violencia. Ademais, na entrada contamos con libros alusivos ao tema procedentes da biblioteca do Ágora da Coruña que cada aula podía coller para ler durante o tempo de lectura.



NON VIOLENCIA - presentacion imagenes


E ademais tamén pasaron polas aulas familias a lernos contos sobre igualdade, a non violencia, a colaboración....

tanto en Ed. Infantil...




...coma en Ed. Primaria




MOITAS GRAZAS A TOD@S QUE AXUDADES A QUE NESTE MUNDO TODOS SEXAMOS IGUAIS, NIN MÁIS  NIN MENOS!!!!

E se queredes seguir lendo sobre este tema, o Departamento de Orientación xunto coa Biblioteca, elaboraron este tríptico con libros diferenciados por edades...Educando na igualdade comezamos a eliminar a violencia!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario