Mostrando entradas con la etiqueta Pemios Nacionais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pemios Nacionais. Mostrar todas las entradas

viernes, 2 de noviembre de 2012

Premio a Laura Gallego

 

Parabéns para Laura Gallego porque este martes recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa obra "Donde los árboles cantan", publicada por SM!!!!!!!







Nela cóntase a historia de Viana, a única filla do duque de Rocagrís, que está prometida con Robian de Castelmar desde que ambos eran nenos. Os dous ámanse e casarán en primavera. Ante a amenaza da chegada dos bárbaros,  tanto o seu pai como o seu amado saen loitar e ela queda agardando o seu regreso .. e nesa espera comeza a prestar atención ás lendas que se contan sobre o Gran Bosque... o lugar onde as árbores cantan.

miércoles, 17 de octubre de 2012

PARABÉNS Á EDITORIAL KALANDRAKA!

A editorial Kalandraka acaba de recibir un merecido recoñecemento co que valoran o coidado que poñen nos seus textos e a calidade das ilustracións: o Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural 2012. 

Porque cada vez que abrimos un libro de Kalandraka aparece esa maxia que esperta nos noso alumnado a imaxinación e a creatividade, a ilusión e a sorpresa, porque nos axudan a pensar e a sentir, porque son unha aposta segura para desenvolver o gusto pola lectura... PARABÉNS A TODO O EQUIPO!!!!!


No seu blog podedes atopar o agradecemento que envían a todos aqueles que confiaron neles, que os apoiaron ou criticaron, agradecemento que queremos que chegue tamén a todos vos, porque sabemos que sodes amantes do seu traballo.



Deixámosvos aquí unha das súas xoias, que podedes atopar nas bibliotecas e librarías: