domingo, 12 de febrero de 2017

NOVIDADES



NON VOS OLVIDEDES QUE NA ENTRADA DO COLEXIO TEMOS O EXPOSITOR COAS NOVIDADES QUE IMOS TRAENDO PARA A BIBLIOTECA.

Recórdovos que temos novos libros de Nikki, de animales al dedillo, Futbolísimos 10, de Escarlatina a pequeña defunta e Esmeraldina......
Animaros a leernos que vos estamos esperando!!!!!!!!!!!!!!

PADRIÑOS LECTORES

Un ano máis coincidindo co día da paz celebramos a semana da lectura en compañía.
Os alumnos dende segundo ata sexto de primaria acudiron na hora de lectura as aulas dos máis pequenos do cole para contarlles un conto.
Todos o pasaron estupendamente e por ise motivo seguimos fomentando esta actividade tan enriquecedora para todos.
Aquí temos algunhas imaxes deses momentos.










A AULA DO TERROR

Polo Samaín a nosa biblioteca converteuse na Aula do terror.
Durante toda a semana o alumnado do centro acudiu a biblioteca co seu titor ou titora a visitar a biblioteca e ler algún conto de medo as oscuras.







Meigas, fantasmas, esqueletos e demais seres monstruosos habitaron esta aula por uns días onde a lectura e o xogo se uniron para proporcionar outro xeito de imaxinar e viaxar polo mundo da lectura.

martes, 21 de abril de 2015

ABRIMOS DESDE O XOVES 23!!!

Por fin a biblioteca xa está lista para abrir as súas portas durante os recreos!! Grazas á colaboración da ANPA na adquisición de mesas, do Concello que a pintou de novo, e das compañeiras debuxantas Celia e Julia, atoparedes un novo lugar de lecer. 

Poderedes visitarnos a partir deste xoves 23 de abril, Día do Libro






Estamos seguras de que esta nova biblioteca gustará tanto aos maiores como aos pequenos!!!!!

sábado, 31 de mayo de 2014

Visita de Cristina Ameijeiras

O luns visitou o centro Cristina Ameijeiras, directora da biblioteca Ágora de A Coruña, con esta fantástica presentación para asesorar ás familias sobre a animación á lectura. Na súa charla deu resposta a moitas das preguntas que adoitan xurdir ás familias: ¿Cando comezar?¿E se nós non somos bos lectores?¿que podemos facer para crear un bo lector?,...


domingo, 18 de mayo de 2014

CONTOS COLABORATIVOS

O equipo de dinamización da convivencia propuxo elaborar contos de temática coeducativa partindo dos clásicos ou creando textos propios de forma colaborativa. O resultado son os contos que vos presentamos. O alumnado do 3º Ciclo foi o encargado de escribir os textos, as ilustracións son obra do alumnado de EI e do 1º Ciclo, mentres que os do 2º Ciclo teñen o papel de contacontos.



 
 

 
 
Laciños laranxas



Todos eles locen agora expostos na entrada do noso cole:










domingo, 4 de mayo de 2014

O día do libro compartimos lecturas

O DÍA 23 DE ABRIL celebramos no centro o Día Internacional do Libro. Repetimos a actividade de lectura compartida ao aire libre porque o ano pasado gozaramos moito con ela. Para iso pedimos de novo que os nenos/as trouxeran un conto da súa casa para ler no patio. 




Como o tempo non acompañou moito e non sabiamos se nalgún momento nos daría algún sustiño deses de sair correndo, os máis pequenos quedaron baixo o abrigo do patio cuberto e a aula de psicomotricidade. Os de cinco aproveitaron a situación para compartir os seus contos cos compañeiros tanto da súa aula como da outra e así  rir xuntos coas lecturas, recomendarse contos, emocionarse coas ilustracións, ... 




















Hai algo mellor neste día que compartir un libro cun amigo/a?