Mostrando entradas con la etiqueta bibliotecas escolares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta bibliotecas escolares. Mostrar todas las entradas

lunes, 4 de febrero de 2013

¿Queredes ler sobre a paz?

A semana pasada celebramos no colexio o Día Escolar da Non-Violencia e a Paz (DENIP). Para sumar o noso gran de area realizamos unha exposición de libros achegados pola BE do cole e por  bibliotecas públicas da Coruña. Animámosvos a tod@s a que a visitedes igual que xa fixeron algúns grupos como os de 4º como podedes ver nestas fotografías! Tédelos na entrada!!!





E aquí vos deixamos as nosas propostas de lecturas de paz ... con elas comprobaredes como o diálogo sempre é o camiño!!!

miércoles, 7 de noviembre de 2012

Aprende a recoñecer os axudantes de biblioteca

Contamos cun fantástico equipo de axudantes que asesoran aos lectores nas súas visitas. Son todos rapaces e rapazas de 6º que voluntariamente nos agasallan co seu tempo e dedicación e que están durante os recreos na biblioteca para AXUDAR a atopar libros, a colocalos, a respectar as normas... Para recoñecelos non tedes máis que buscar ás persoas que levan estes petos ou chalecos de cores.
Podedes consultar os seus dereitos e deberes nesta fantástica guía realizada polo blog da BIBLIOTECA ESCOLAR DE MILLADOIRO.


Comezaron o mes pasado e están moi ilusionad@s e entregad@s coas suas tarefas. DENDE AQUÍ QUEREMOS ANIMALOS E DARLLE AS GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN!!!!!!!