miércoles, 17 de octubre de 2012

PARABÉNS Á EDITORIAL KALANDRAKA!

A editorial Kalandraka acaba de recibir un merecido recoñecemento co que valoran o coidado que poñen nos seus textos e a calidade das ilustracións: o Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural 2012. 

Porque cada vez que abrimos un libro de Kalandraka aparece esa maxia que esperta nos noso alumnado a imaxinación e a creatividade, a ilusión e a sorpresa, porque nos axudan a pensar e a sentir, porque son unha aposta segura para desenvolver o gusto pola lectura... PARABÉNS A TODO O EQUIPO!!!!!


No seu blog podedes atopar o agradecemento que envían a todos aqueles que confiaron neles, que os apoiaron ou criticaron, agradecemento que queremos que chegue tamén a todos vos, porque sabemos que sodes amantes do seu traballo.



Deixámosvos aquí unha das súas xoias, que podedes atopar nas bibliotecas e librarías:



No hay comentarios:

Publicar un comentario