viernes, 5 de octubre de 2012

Non faltedes á hora do conto!!!!


O concello de Oleiros, sabedor da importancia dos contos, agasállanos coa HORA DO CONTO. A actividade desenvolverase durante os meses de outubro, novembro e decembro en todas as bibliotecas municipais de Oleiros e irá dirixida a rapaces menores de 10 anos. Teredes contadores de luxo como Paula Carballeira ou Marisa Irimia, que dunha forma lúdica, activa e participativa faranvos viaxar a un tempo máxico de fantasía e imaxinación.

Comezan hoxe!!!!! Non faltedes!!!!

E se queredes saber máis da rede de bibliotecas municipais do Concello, non tedes máis que picar e entrar no seu blog:


No hay comentarios:

Publicar un comentario