miércoles, 24 de octubre de 2012

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe celébrase o Día internacional das bibliotecas escolares. Esta conmemoración partiu do interese da Asociación Internacional de Bibliotecas Escolares (IASL) por reivindicar a súa importancia na educación de nenos e nenas por múltiples razóns, como por exemplo:

- Damos a posibilidade de acceder aos libros sen ter que mercalos...é un servizo gratuito!!!!! Aseguramos así que todos poidamos ter acceso á información e ao coñecemento.
- Contamos cunha gran variedade de recursos: libros, enciclopedias, CD,  DVD, ordenadores e Internet, ... 
- Os recursos son para todos os gustos e todos os públicos: Temos libros para o que lle gusta a poesía, a canción, os cómics, para o que busca inspiración e ideas para crear, o que precisa informarse... e para nenos e nenas dende tres anos.
- É moi sinxelo realizar un empréstito, as bibliotecarias axudaránnos ante calquera dúbida.
- Invitamos a gozar dun ambiente cálido: as bibliotecas adoitan ser un espazo que nos suxire tranquilidade e relaxación.
- Somos un lugar cercano: Ter a biblioteca no propio centro facilita moito o acceso a ela.
- Axudamos a que a aprendizaxe sexa continua: a persoa que le nunca deixa de aprender, de pensar ... e de crecer.






O concello de Oleiros realizará, dende o 19 ao 30 de outubro, unha serie de actividades para conmemorar este día. Se picades neste enlace accederedes directamente a elas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario