Adicamos a semana pasada a celebrar a amizade e o amor posto que o venres foi o día de San Valentín. O cole enteiro encheuse de corazóns nos que os nen@s adicaban palabras de cariño aos seus familiares e amigos.
Se pasades polos corredores de Ed. Primaria veredes mensaxes que lle dan corda ao noso corazón e á nosa mente, que nos fan sorrir, que nos soben ás nubes e nos deixan flotando no ceo. Tamén veredes libros que falan destes sentimentos e emocións que trouxo Xusto, o orientador, tanto para os maiores como para os pequechos.
En Ed. Infantil cada neno/a entregou un corazón adornado e/ou escrito por el/ela a un compañeiro. Neste caso os pequenos leváronos para casa como un tesouro moi prezado.
E ademais de mensaxes bonitas houbo outras mostras de cariño que removeron as bolboretas que temos na nosa barriguiña!!!
Que importante é dar e recibir palabras doces!!!!!!
Que bonito que che quedou, Raquel!
ResponderEliminar<3 <3