sábado, 8 de febrero de 2014

Novas adquisicións da biblioteca

Hai xa un par de semanas que temos na entrada do colexio a exposición das novas adquisicións da biblioteca. Por unha banda están os de Ed. Infantil e Primeiro ciclo de Ed. Primaria


e por outra, os de Segundo e Terceiro Ciclo




 Xa houbo clases que pasaron por alí 













pero,  por se algún de vós non tivo un momento para miralos deixámosvos aquí algunhas fotos para que vaiades elixindo:



EXPO14 - foto montaje


Pero se isto aínda non é suficiente, aquí tedes algúns dos libros para os máis pequenos












e estes algúns cos que podedes gozar os máis maiores do centro:




                                                                        
Encantounos esta frase de Peter Golkin: "As miñas dúas cousas favoritas nesta vida son as bibliotecas e as bicicletas. Ambas levan á xente adiante sen gasto algún. O día perfecto consiste en ir paseando en bicicleta ata a biblioteca.“, pero, sen dúbida, nestes días de inverno e temporal,....pode que coller o coche, o bus ou un bo paraugas para chegar ata ela nos libre dun bo arrefriado!!!!

Sexa como sexa, non deixes de visitar as bibliotecas,... despexaravos calquera mal día!!!!!!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario