miércoles, 7 de noviembre de 2012

Aprende a recoñecer os axudantes de biblioteca

Contamos cun fantástico equipo de axudantes que asesoran aos lectores nas súas visitas. Son todos rapaces e rapazas de 6º que voluntariamente nos agasallan co seu tempo e dedicación e que están durante os recreos na biblioteca para AXUDAR a atopar libros, a colocalos, a respectar as normas... Para recoñecelos non tedes máis que buscar ás persoas que levan estes petos ou chalecos de cores.
Podedes consultar os seus dereitos e deberes nesta fantástica guía realizada polo blog da BIBLIOTECA ESCOLAR DE MILLADOIRO.


Comezaron o mes pasado e están moi ilusionad@s e entregad@s coas suas tarefas. DENDE AQUÍ QUEREMOS ANIMALOS E DARLLE AS GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario