domingo, 21 de abril de 2013

Celebramos o Día do Libro ao aire libre

Este martes 23 de abril celébrase o DÍA MUNDIAL DO LIBRO debido á coincidencia nesa data do finamento dos escritores Miguel Cervantes e William Shakespeare, dous dos escritores máis relevantes da historia da Literatura.

Para conmemoralo, durante o tempo de lectura silenciosa sostible (de 12 a 12.20 horas), os nenos/as lerán no patio un libro emprestado por outro compañeiro. Por iso precisamos que ese día os nenos/as traian das súas casas un libro (o que máis lles guste, o último que lles regalaran, o que teña as ilustracións máis bonitas...) para intercambialo cun compañeiro da súa aula. Unha vez rematado o acto, os libros devolveránselles aos seus propietarios polo que cada libro debería vir etiquetado co nome do neno. 
E falando de grandes escritores, na entrada do centro tedes unha pequena exposición con contos de Hans Christian Andersen, xa que o 2 de abril se conmemorou o seu nacemento co Día Internacional do Libro Infantil . 

Todos estes escritores dábanlle á lectura un peso moi importante na vida... E ti que gozas coa lectura, por que cres que é tan importante? Por que che gusta tanto ler?  Hai moitas razóns,  cales son as túas?

No hay comentarios:

Publicar un comentario