miércoles, 20 de marzo de 2013

Encontados con Kalandraka

Encontados e... encantados coa Editorial Kalandraka!!!!  A semana pasada tivemos a sorte de que enviasen  ao colexio a Patricia e Álex para realizar unha sesión "superdivertida" de contacontos. Coñecimos a Crictor, que descansaba dentro dun baúl, descubrimos algúns dos tesouros escondidos nos petos de Loreto,  cantamos coa Galiña Roxa  e coñecimos a importancia de compartir coa historia de Gatiño e o Balón. 

Para que vexades o ben que o pasamos e o moito que nos gustou deixámosvos un anaquiño do conto A galiña Roxa  ... preparádevos para sementar, segar, moer, amasar... cos nenos/as de 4 anos:




Como agradecemento, os nenos/as de 5 anos realizaron uns debuxos preciosos, que recibirán en breve, para que sempre lembren o moito que lles gustou a súa visita... e a ver se con eles lles entran as gañas e volven con novas historias e cancións!!!! 


    

E xa sabedes...BICOS VOADORES PARA OS DE AQUÍ E OS DE ALÁ!!!!

1 comentario:

  1. Nesta ligazón podedes recoller un premio ao voso blog, porque nos gusta o que facedes.
    http://doisidro.blogspot.com.es/2013/03/liebster-blog-award.html

    ResponderEliminar