jueves, 24 de enero de 2013

Brujas!!!!




De novo presentámosvos unha actividade que se desenvolverá na libraría "Libros para soñar" da cidade da Coruña. Este venres 25 de xaneiro ás 18 horas, a ilustradora Marina Seoane estará  alí para presentar o seu libro “¡Brujas!”. Os que asistades recitaredes con ela algúns dos poemas do libro e poderedes facer unha máscara de meiga para levar á vosa casa. Os únicos requisitos son ter máis de 4 anos e un papá ou unha mamá ao que non lle metan medo os feitizos nin as pocións máxicas. Nesta ocasión hai límite de prazas polo que é necesario que vos apuntedes por correo-e ou por teléfono (no caso dos nenos e nenas de 4 e 5 anos aconsellámosvos que quede con eles polo menos un adulto para axudarlle na confección da máscara). E … "No olvides agua apestosa/ ni cagarrutas de cabra/ni babas de una babosa, ni decir abracadabra”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario