Este ano aída non podemos desfrutar da nosa nova biblioteca, pero estamos preparando todo para que cando marche "o bicho" poidamos desfrutar dela como nunca. Mentres deixámosvos imaxes de como vai quedando!
jueves, 11 de marzo de 2021
Recomendamos... UN BECHO ESTRAÑO!
Un pequeno libro de cartón para primeiros lectores, dos chamados contos sen fin, porque pasando as páxinas e dándolle a volta ao conto...
Podedes leelo en castelán AQUÍ
Esperamos que vos guste!
Recomendamos... ELMER!
A historia do entrañable elefante multicolor é un clásico inspirado na obra de Paul Klee que aplaude a diversidade e as diferenzas, que promove a solidariedade e o respecto, a amizade e a aceptación. No ano do seu 30º aniversario, o 26 de maio celebrarase o o Día Mundial de Elmer.
DÍA DA MULLER
No CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal tivemos moi presente o día da muller. Fixemos unha ampla selección de libros desta temática que expusimos na entrada do centro xunto cos murais feitos por cada unha das aulas sobre mulleres que marcaron épocas, porque importantes somos importantes!!
domingo, 12 de febrero de 2017
PADRIÑOS LECTORES
Os alumnos dende segundo ata sexto de primaria acudiron na hora de lectura as aulas dos máis pequenos do cole para contarlles un conto.
Todos o pasaron estupendamente e por ise motivo seguimos fomentando esta actividade tan enriquecedora para todos.
Aquí temos algunhas imaxes deses momentos.
A AULA DO TERROR
Durante toda a semana o alumnado do centro acudiu a biblioteca co seu titor ou titora a visitar a biblioteca e ler algún conto de medo as oscuras.
Meigas, fantasmas, esqueletos e demais seres monstruosos habitaron esta aula por uns días onde a lectura e o xogo se uniron para proporcionar outro xeito de imaxinar e viaxar polo mundo da lectura.